A Pobra convértese en capital comarcal do remo este 17 de xullo e que poderá verse por TVG2

17 Xullo 2022

Este domingo 17 de xullo celébrase a XVII Bandeira Concello da Pobra e a II Bandeira Feminina Alicrusa, unha dobre cita deportiva que reunirá un total 21 embarcacións que o darán todo para alzarse coa vitoria na súa modalidade correspondente. E, para desfrutar das regatas, disporase de dúas alternativas: nas propias inmediacións do peirao comercial onde haberá cantina con comida e bebida ou na retransmisión en directo a través da TVG2.

Así o deron a coñecer o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra); o presidente do Club Remo Puebla, Antonio do Carmo; e Carmela Fernández, remeira da entidade.

A xornada desenvolverase en horario de tarde, polo que arrancará ás 16.30 horas coa II Bandeira Feminina Alicrusa, que contará coa participación de 9 clubs. Unha vez conclúa esta proba, arredor das 17.30 horas, será a quenda da XVII Bandeira Concello da Pobra, na cal tomarán parte 12 entidades deportivas.

En ámbolos casos, a distancia será de 5556 metros, nun campo de 4 rúas, repartidos en 6 longos e con 5 ciavogas. O premio traducirase na entrega das propias bandeiras e no repartimento dun total de 16 245 euros: 9000 euros para a liga masculina e 7245 euros para a liga feminina.

Organizadas polo Club Remo Puebla e a Liga Galega de Trañeiras (LGT), a Administración local patrocina a XVII Bandeira Concello da Pobra e a empresa Alicrusa fai o propio coa II Bandeira Feminina Alicrusa. Cóntase tamén coa colaboración da Protección Civil pobrense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...