O PPdeG salienta que o Barbanza contará con 6 novos médicos cando se resolva a convocatoria de especialistas de atención primaria

07 Xullo 2022

A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Parlamento de Galicia que a comarca do Barbanza contará con seis novos médicos unha vez se resolva a resolución das prazas ofertadas coa nova categoría de facultativo especialista de atención primaria. “En concreto, os concellos de A Pobra, Boiro, Rianxo e Ribeira concentran máis dun terzo das 16 prazas que se cubrirán a través deste concurso na área sanitaria de Santiago e Barbanza”, subliñou.

Encarna Amigo lamentou que o BNG rexeitara hoxe na Comisión 5ª demandar á Xunta cubrir as prazas vacantes e as baixas do persoal sanitario dos centros de saúde dos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira e repoñer, polo tanto, a totalidade do número de prazas asignadas na actualidade a cada un deles.

FALTA DE PROFESIONAIS
“A día de hoxe estanse intentando cubrir as vacantes que xorden nos centros de saúde do Barbanza, sempre atendendo aos criterios fixados pola Dirección de Atención Primaria, tendo en conta a falta de especialistas que existe a nivel de toda España de medicina interna e de familia”, indicou.

A portavoz popular asegurou que “sempre que existe a dispoñibilidade de profesionais sanitarios para cubrir as vacantes estas son cubertas” e destacou que a comarca do Barbanza contará con seis novos médicos unha vez se resolva a convocatoria de prazas ofertadas na nova categoría de facultativo especialista de atención primaria: unha praza para A Pobra, unha para Boiro, dúas para Rianxo e outras dúas para os centros de saúde de Ribeira.

Respecto da reapertura dos consultorios periféricos de Taragoña e Cabo de Cruz, Encarna Amigo lembrou que non garanten a existencia de separación dos circuítos para pacientes con covid-19, polo que de momento non é posible proceder á súa repartura.

Por último, asegurou que o Sergas non vai pechar o consultorio de Palmeira, “nin nunca valorou o seu peche, e o único que aconteceu foi algunha ausencia puntual imprevista que se cubriu cos profesionais que exercen noutros centros, xa que non hai médicos nas listas de contratación que non estean traballando”.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.