O vindeiro 27 de xullo, ás 10.30 horas, vaise celebrar a xornada en liña Fomento do Emprendemento en Cooperativa, unha actividade dentro do Convenio de Colaboración entre a Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop 2022.

A xornada é unha actividade abeirada ao conxunto de accións do Itinerario de Emprendemento en Cooperativa destinado a visibilizar as potencialidades que brinda este modelo para:
-A xeración de emprego de calidade.
-A mellora de determinados sectores socioeconómicos.
-O equilibrio territorial.
-A xeración e consolidación de redes comunitarias, dinamizando determinados sectores de actividade, particularmente no ámbito dos coidados.
-Favorecer o emprendemento colectivo, en sectores con potencial para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico e comunitario.
O Itinerario de Emprendemento en Cooperativa incorpora alén desta xornada unha acción de teleformación e un servizo de acompañamento e titorización a grupos promotores que queiran emprender en cooperativa.
Data e Horario: mércores 27 de xullo de 2022, de 10.30 a 13.30 h., a través da plataforma Zoom.
Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop – www.espazo.coop
Contacto para esta actividade: 687 324 784 – ramon@espazo.coop.



