“Non é cousa de mulleres, pero o fan”. Antón Luaces

02 Xullo 2022

Nai. Ser nai, sobre todas as cousas. E nos anos 50 do século pasado, nai de catro ou máis fillos. Tempos de carencias e mesmo de fame para moitas familias cuxas mulleres, malia todo, parían (que era o que quería o franquismo e mandaba a Igrexa). A muller, coitada ela, non tiña máis papel que o de atender ao seu home en todos os sentidos, manter as crianzas, coidar dos seus maiores e os maiores directos do home, carretar cada día realizar baldes e máis baldes de auga para as tarefas da casa se esta carecía de pozo de seu, levar ao río para lavar a roupa da casa e a dos seus (que, obviamente, lavaba ela, en ocasións coa axuda dalgunha filla), facer a comida, limpar a casa e facer as camas, coser e planchar a roupa, cavar a horta (onde a había) e, cando o home, mariñeiro, chegaba á casa aló pola tardiña, acudir á praia para axudalo a descargar o peixe que capturara. Era, neste caso, a muller, auxiliar do mariñeiro. Nin el nin ela traballaban por conta allea, non cotizaban, mais en caso de enfermidade atendíannos médicamente no “18 de Xullo”. Tiñan que pagar, iso sí, os medicamentos, e para que fose así non sempre había posíbles. Menos mal que, en circunstancias de agobio, sempre estaban ao quite as tres farmacias (Ferrer, Sanmamed e Ramos) que daquela existían en Ribeira. En calquera caso, sempre a muller polas entremedias.

Un labor engadido destas: o de atadora. Traballo que realizaban mañá e tarde, cando era necesario. Outra volta sen patrón, sen amo, pero cun armador cuxos aparellos precisaban ser cosidos e o armador non eran elas. E coser ou “atar” era cousa de mulleres, de redeiras que cobraban o que a competencia establecía porque nunca houbo un salario  para estas traballadoras. Cobraban segundo o que cobraran as últimas en prestar os seus servizos.

No devalo do día e mentres os cativos argallaban na casa sen molestar a ninguén -porque ninguén había, entendendo así que non quedaba na casa ninguén con autoridade- a muller (que xa lavara o peixe capturado polo seu home) vendía esas capturas na praza do peixe, no Castelo. Xa noite, esa muller tornaba á casa, onde agardaban os fillos e, a veces, o home (a cotío, este chegaba máis tarde porque tiña dereito a “socializar” no bar de Penín, no de Fernando, no de Arestín, no de Paquito, no das Caseiras, no da señora Julia, no 14, na de Julio, na taberna de Gil (“Moghamito”), no Gran Sol, na de Parga. na de Samarful e tantos outros bares e tabernas que, daquela coma hoxe, existían nunha vila que declararan cidade por méritos en salvamento marítimo.

Era aquel un tempo no que a muller facía de todo, porque todo era da súa responsabilidade agás sair tomar chiquitos pola tardiña, sair pescar na dorna ou mariscar (cando, na actualidade, o marisqueo a pé deixaría de existir de non traballar a muller na semente, na limpeza da concesión marisqueira, na recolleita e venda da ameixa ou o berberecho, do mesmo xeito que, vai 70 anos, viñan as mulleres a pé carretera adiante dende Castiñeiras e Aguiño ata a praza do peixe de Ribeira, traendo na cabeza unha bacía de cinq chea ata os topes de polbo que pescara o home na súa dorna.

Era un tempo no que a muller só existía para facer o que o home non facía. E aínda así non se tiña en conta o seu traballo porque, disque, non era por conta allea. Facían o que facísn, pero non eran cousas de mulleres

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.