Entregados os diplomas ao alumnado pobrense participante na quinta edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia

22 Xuño 2022

O alumnado pobrense participante na quinta edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia
acudiu na tarde do 21 de xuño a Santiago de Compostela con motivo do acto académico de entrega de diplomas en Fonseca, que contou coa actuación posterior da tuna.
Agora, os/as 44 veciños e veciñas xa contan cos documentos que creditan a súa formación nas materias impartidas nesta convocatoria, relacionadas co ámbito da fisioloxía, socioeconomía e cromática.
O programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia busca difundir entre a veciñanza maior de 50 anos coñecementos científicos, humanísticos e artísticos mediante unha atractiva oferta formativa seguindo a metodoloxía teórico-práctica e abranguendo diversas temáticas nas súas sucesivas edicións. No caso concreto da Pobra, desenvólvese en colaboración coa Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.