O Festival Atlántica brinda tres novas funcións en diferentes espazos da Pobra

22 Xuño 2022

Un ano máis, o Festival Internacional de Narración Oral (Festival Atlántica) espallará historias en distintos concellos de Galicia, entre eles, A Pobra do Caramiñal, para o cal se artellan tres funcións.

A primeira enmárcase no programa infantil e familiar. Charo Pita e Sofia Maul levarán á alameda o relato Dragoeiros e biosbardos. Será no 2 de xullo, ás 11.30 horas.

Doutra banda, o bloque dirixido a público adulto consta de dúas sesións. Celso F. Sanmartín achegará de viva voz Catro aves escollidas son as que cruzan o mar no día 6. A paraxe elixida é A Portela, a partir das 21.00 horas.

E, no día 9, a narración trasladarase ao adro do Castelo con Contos e sucedidos, a cargo de Carolina Rueda, das 21.30 horas en diante.

Todas elas son de balde e contan co patrocinio da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.