A presentación do libro Telegramas en cuarentena realizarase este luns 20 de xuño

19 Xuño 2022

A declaración do loito oficial polo accidente acontecido no Albacora Cuatro motiva que se adíe a
presentación do libro Telegramas en cuarentena, de Marta Ojea, que estaba prevista para a tarde deste 17 de xuño.
A nova data elixida é o día 20, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
Organizado pola Concellaría da Cultura, coa colaboración da Escola de Música da Pobra, o acto contará coa participación da propia autora; da edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e da súa homóloga da
Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra).
A obra é o reflexo do día a día da escritora no transcurso dos meses de confinamento pola pandemia derivada da COVID-19; un momento no que moitas persoas se pararon a reflexionar e mirar ao seu interior.
A entrada é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.