O Concello da Pobra declara o loito oficial polo falecemento dos tripulantes do Albacora Cuatro

17 Xuño 2022

A Corporación municipal da Pobra do Caramiñal acordou declarar loito oficial polo suceso acontecido no Albacora Cuatro, que estaba atracado en Puerto Victoria, nas Seychelles, no que se produciu un escape de amoníaco mentres se realizan traballos de reparación, o que provocou a morte de dous tripulantes, un deles residente no municipio, Ángel Boo Vidal. O loito oficial estenderase dende as 12.00 horas deste 17 de xuño ata as 24.00 horas do día 18; tempo durante o que a bandeira do municipio permanecerá a medio mastro.

Tamén se determinou solicitar ás administracións competentes a máxima dilixencia na repatriación dos corpos.

Ángel Boo Vidal instalárase recentemente coa súa familia no lugar de Rosamonde. O Concello da Pobra do Caramiñal expresa o seu fondo pesar e trasládalle a súa solidariedade e apoio á súa familia, así como á de Francisco Cameán Santos, residente en Xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.