Unhas 200 persoas participaron na quinta edición de Festival Son’s en Aguiño

17 Xuño 2022

O pasado 11 de xuño celebrouse a quinta edición do Festival Son´s en Aguiño de música e canto tradicional.

Actuación de As Sete Linguas

A cita foi no Conservatorio de Aguiño, o pasado sábado 11 de xuño, organizada pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño no marco do Xuño da Cultura e as Artes do Concello de Ribeira e coa participación dos grupos As 7 linguas de Aguiño e da propia entidade, Bailadela de Ribeira e Chorimas de Queiruga (Porto de Son).

As nenas de Bailadela

No transcurso do festival, a presidenta da dita asociación, Elvira Pisos, e a concelleira de Aguiño, Ana Barreiro fixeron entrega duns agasallos conmemorativos (unhas pombas musicais de Regal con praquiña) e unhas libretiñas ás nenas participantes.

Actuación de Chorimas

O evento comezou ás 21 h, rematou ás 22 h con moita afluencia de público (sobre unhas 200 persoas) e despois houbo un ágape gratuíto para todos os asistentes rematando cunha foliada libre onde se achegaron máis músicos participantes con gaitas, pandeiretas, acordeóns, estendéndose a troula musical até máis alá da medianoite. Houbo petiscos, bebidas, viños e unha queimada que preparou a asociación (foi feita por Francisco Pouso e Juanma González).

Elvira Pisos e Ana Barreiro (concelleira) entrega agasallo a Sara Reiriz de As 7 linguas

As responsábeis do acto foron as directivas da entidade: Moncha, Teruca e Carmen Sampedro, Josefa Suárez, Sara Reiriz, Pilar Millet e Elvira Pisos, que tamén presentou o acto.

Ana Barreiro e Elvira Pisos entregan un agasallo a unha nena de Bailadela

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.