A Pobra celebra a primeira sesión da Xunta Local de Protección Civil

16 Xuño 2022

A análise da situación da Protección Civil no municipio, o estudo das medidas relativas á tempada
estival e a exposición do novo Plan de autoprotección nas piscinas naturais do río das Pedras vertebraron a primeira sesión da Xunta Local de Protección Civil do Concello da Pobra do Caramiñal que transcorreu
neste 16 de xuño, copresidida polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e polo concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).
Constituíuse así esta xunta para diferencia-las cuestións de Protección Civil das de seguridade cidadá e, en consecuencia, trata-los temas de maneira específica. Analizáronse así os riscos que se poden afrontar de cara o verán como os accidentes en praias ou incendios forestais e as medidas para palialos.
Outro dos puntos fortes a tratar nesta xuntanza foi no relativo á avaliación dos perigos derivados do uso e tránsito pola contorna do río das Pedras.
Deuse traslado así do borrador do Plan de autoprotección que plasma unha serie de medidas de prevención, ademais dunhas pautas de actuación ante unha emerxencia coma, por exemplo, rutas de evacuación, puntos de encontro ou protocolos de intervención dependendo da tipoloxía do suceso.
Na reunión tamén estiveron presentes responsables da Garda Civil, Policía local, Agrupación de voluntarios e voluntarias da Protección Civil, corpo de bombeiros, distrito forestal e gardacostas, entre outros organismos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.