A Pobra festexa o Día do Orgullo con desfiles, batucadas, bandeiras, música e actividades nas redes sociais

15 Xuño 2022

No 28 de xuño festéxase o Día do Orgullo, ao cal se suma o Concello da Pobra do Caramiñal para contribuír a dar visibilidade ao colectivo LGBTI+, ademais de “sensibilizar sobre importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero”. Así o anunciaron a concelleira da Igualdade, Charo Varela (Nós Pobra), e o seu homólogo da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).

O programa focalizarase na xornada do 25 cunha vertente reivindicativa e lúdica. Dará comezo ás 21.00 horas cun desfile amenizado pola batucada Bloquinho Aperta que partirá dende a praza do Emigrante até a Casa Consistorial, na que se colgará a bandeira coas cores do arco da vella, para dirixirse, deseguido, á praza Alcalde Segundo Durán, onde a música correrá a cargo de Disco Móvil Chocolate a partir das 22.30 horas.

Asemade, o Concello anima a que a veciñanza pendure as súas fotos nas redes sociais co cancelo #OrgulloAPobra2022, ademais de que se traian as bandeiras ao desfile.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.