Amicos e o Concello da Pobra achegan recursos de empregabilidade ao servizo da cidadanía

13 Xuño 2022

O abeiro do seu marco de traballo conxunto a prol da inserción laboral, a integración e a diversidade, o Servizo de Orientación e Emprego da Asociación Amicos e o Concello da Pobra do Caramiñal achegarán á veciñanza varios programas focalizados en mellorar a empregabilidade. Os detalles dos cursos foron dados a coñecer polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e Miguel Beiro, responsábel da Área de Emprego/Empresas de Amicos.

As iniciativas activas a día de hoxe son os itinerarios de inserción socio-laboral para vítimas de violencia de xénero; o proxecto Máis Emprego para persoas con discapacidade; o Programa Integrado de Emprego; e o servizo de orientación a persoas con discapacidade. “Mais este abano poderá ampliarse con futuras accións”, sinalaron, engadindo que “a meta de todos eles é favorecer o acceso ao mercado laboral e proporcionar formación que redunde nunha mellora da competitividade dos e das participantes”.

Amicos desprazarase ata o municipio para prestar os referidos servizos, polo que a Administración local cede un espazo situado no andar baixo da Casa da Mocidade mediante un convenio, lugar que empregarán varios días por semana.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.