Un showcooking pecha en Madrid a xira de promoción de Barbanza Arousa

13 Xuño 2022

Madrid pechou esta pasada semana a xira de promoción coa que a Mancomunidade Barbanza Arousa presentou os produtos e paquetes turísticos ante máis de 150 axencias de viaxes de España e Portugal.
Este último evento seguiu aos que se celebraron en Bilbao, Valladolid e Porto, as outras capitais dos principais mercados emisores de visitantes da comarca.
O innovador proxecto turístico de creación de 65 experiencias, deseñado pola Mancomunidade e lanzado meses atrás para competir nos canais de comercialización profesionais, reforzouse deste xeito con
contactos directos ante as axencias, entre as que estiveron as firmas de maior peso no mercado peninsular.
A presentación de Madrid, ante 55 axentes de viaxes e que se desenvolveu no Kitchen Club, incluíu un showcooking e un curso individualizado de cociña co coñecido chef galego Miguel Mosteiro como
protagonista. Para a súa exhibición utilizou produtos de Barbanza Arousa acompañados na degustación posterior con viños Terra de Barbanza e Iria. O menú contou con croquetas de chocos de Rianxo con
alioli de allo negro, empanada de xarda de Ribeira, mexillón de Galicia en vinagreta cítrica, tosta de agullas en conserva con crema de queixo e encurtidos, ensalada de wakame con xoubas e navallas con salsa aceda, fabas de Lourenzá con ameixas da Pobra e aceite de chourizo, allo branco con berberechos e ovas de troita, volandeiras á galega con panko, mousse de queixo do Cebreiro con mel do Barbanza e bica de castañas con crema de mascarpone e licor café. No obradoiro de cociña elaboráronse tapas de brioche recheo de xarda afumada, pico de gallo e maionesa de pementos de Herbón, e nem de cogollos con mexillóns, wakame e salsa de iogur especiado.
Ao evento asistiu o alcalde da Pobra do Caramiñal e actual presidente da Mancomunidade, Xosé Lois Piñeiro. Para as presentacións precedentes alternáronse o resto de rexedores dos concellos da
Mancomunidade, é dicir, o de Ribeira, Manuel Ruiz, que estivo en Bilbao; o de Rianxo, Adolfo Muíños, en Valladolid, e o de Boiro, José Ramón Romero, en Porto.
En concreto, presentáronse os 65 paquetes creados a partir do proxecto turístico, con temáticas de todo tipo, como natureza, gastronomía, turismo activo, cultura, enoloxía ou, por suposto, para percorrer as
rutas de sendeirismo e o Camiño de Santiago “A Orixe”, con ofertas específicas de aloxamento e todos os servizos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.