Iniciado o acondicionamento das cunetas das vías municipais da Pobra na tempada do verán

10 Xuño 2022

Na primeira semana de xuño deron comezo os labores de acondicionamento das cunetas de
titularidade municipal da man da Ecobrigada da Asociación Amicos, segundo informa a Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal.
A edil Estefanía Ramos (Nós Pobra) explica que estas tarefas se desenvolven tódolos anos por estas datas por coincidiren co incremento da flora silvestre e, para a eliminación desta, o Concello volve contar coa
devandita brigada, reiterando así o seu apoio á inserción laboral de persoas con diversidade funcional.
Os traballos de mantemento consisten na roza e na limpeza das marxes das estradas do municipio pobrense, focalizándose na retirada da vexetación e do lixo, para contribuír a mellora-la visibilidade e a
seguridade dos camiños. Comezouse no Campiño e proseguirase no Maño para ir chegando progresivamente a tódolos núcleos do termo municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.