A Policía Local da Pobra realiza unha nova campaña de control de velocidade

10 Xuño 2022

O Concello da Pobra informou do inicio, a pasada semana, dunha nova campaña de control da velocidade nas vías urbanas e rurais. A iniciativa, impulsada dende o Consistorio,, estenderase até finais do presente mes.

Os controis son levados a cabo por parte do corpo policial pobrense en puntos de maior risco e contando para ese cometido cun vehículo radar cedido temporalmente pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

A este respecto, o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), fai fincapé en que non se poñen en marcha este tipo de accións “cun afán recadatorio”, senón “como medida disuasoria do exceso da velocidade ao tempo que se insiste na obrigatoriedade de cumprir a normativa en materia de circulación para así reducir a sinistralidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.