“Prima 22. A festa do comercio local” de Santiago dinamizará desde este xoves diferentes barrios da cidade

08 Xuño 2022

A festa do comercio local”, desenvolverase este xoves 9, venres 10 e sábado 11 de xuño de 2022 en distintos barrios de Santiago. Un evento segundo o alcalde da capital, ” pretende reforzar a aposta do Concello de Santiago polo comercio local e de proximidade”.Durante o transcurso de Prima 22, os comercios poderán presentar os seus produtos e servizos nas beirarrúas sen necesidade de solicitar un permiso específico, aínda que deberán permitir o acceso aos portais de vivendas e ao tránsito peonil, para o correcto desenvolvemento desta festa.

Unha festa, con vocación de continuidade, segundo o alcalde, que conta cun intenso programa de actividades durante as tres xornadas, para as que non é preciso reservar entrada. Actividades como animación de rúa ou concertos para todos os públicos en diversas zonas da cidade, incluidos os barrios máis comerciais, cubrindo toda a Zona Vella, Ensanche, San Pedro, Concheiros, As Fontiñas e Conxo.

Pasarrúas, animacións musicais, concertos, teatro, cabezudos, percusión, música tradicional e cabaré de circo son algunhas das disciplinas incluídas no programa, que se completará con obradoiros de artesanía de acibeche e ourivería, impartidos polos mestres artesáns Ourives de Compostela, Soledad Mato, Ricardo Rivas, Adonis Suárez e Manuel Tojo.

Esta é a terceira edición dunha festa que, nas dúas pasadas edicións, conseguiu movilizar e dinamizar as compras, con moi boas impresións por parte de cidananía e comerciantes.

A maiores, o concello impulsa a marca do comercio de Santiago “Eu Merco Aquí”, e faino ligado a estas festas para afianzar o seu compromiso co comercio local. No marco da festa Prima22, o Concello distribuirá bolsas coa imaxe da campaña #EuMercoAquí que se entregarán de balde ao comercio local a través das asociacións de comerciantes da cidade. Para contar con este agasallo, debe dirixirse a calquera delas: CCA Comercio Punto Compostela, CCA Santiago Centro, CCA Compostela Monumental, Asociación Em Rede, Ourives de Compostela, Asociación de Comerciantes de Área Central e Asociación de comerciantes do Barrio de San Pedro.

Partindo da idea de que cómpre un esforzo conxunto para que o comercio aflore, este ano escolleuse a flor como elemento representativo da festa, polo que o Concello propón aos comerciantes que, con total liberdade creativa, adorne o seu negocio con flores tanto no escaparate como na fachada.

Programa completo da Prima 22 coas localizacións de cada actividade e artistas en comercio.santiagodecompostela.gal.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.