A Pobra súmase á campaña “Quere o teu mercado”

25 Maio 2022

A Praza de Abastos da Pobra do Caramiñal participa na campaña internacional Quere o teu mercado, que busca pór en valor o papel dos mercados municipais como axentes revitalizadores das vilas onde se atopan, ademais de “ofrecer un amplo abano de alimentos frescos e de calidade con atención personalizada”. O obxectivo, a maiores, é “fomentar o consumo de produtos de proximidade, contribuíndo tamén á dinamización da economía local”.

Así o fixeron saber este mércores 26 de maio concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a técnica municipal desta área, Sara Sánchez; e o responsábel do Mercado Municipal pobrense, Manuel Pardavila, que anunciaron que o 28 de maio, dende as 11.30 ata as 12.30 horas, desenvolverase na praza unha degustación de petiscos elaborados a base de produto local por parte da cafetaría do Centro Sociocomunitario e animación musical tradicional da man do grupo Trécola. A maiores, repartirase material promocional entre os praceiros e praceiras doado pola Xunta de Galicia.

Estas actividades adscríbense ao programa que impulsa a Dirección Xeral de Comercio e Consumo co obxectivo de apoiar, promocionar e reivindicar os mercados e os/as profesionais que traballan neles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.