Mobilizadas seis auxiliares de conversa en lingua ucraína para o CEIP de Outes e outros once colexios galegos

22 Maio 2022

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, anunciou estes días a incorporación de seis auxiliares de conversa en lingua ucraína para “apoiar a escolarización dos refuxiados e refuxiadas que están asistindo aos centros educativos públicos de Galicia”. Este reforzo, dixo, é unha realidade “grazas á convocatoria extraordinaria do Ministerio de Educación e Formación Profesional para atender as demandas da escolarización deste colectivo no conxunto de España, que suma 200 auxiliares”.

O delegado detallou que as seis auxiliares, todas mulleres, son residentes en Galicia e que atenderán as necesidades de doce centros repartidos nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra: “Son os colexios e institutos onde hai maior número de menores refuxiados escolarizados”. Catro das auxiliares teñen nacionalidade ucraína, mentres que unha é española e a sexta, de Polonia.

En concreto, cada unha das auxiliares atenderá dous centros e permanecerá a disposición dos mesmos ata o mes de decembro, “aínda que o programa podería prorrogarse en función das necesidades”, engadiu o delegado.

Os centros que reciben este apoio na provincia da Coruña son: o CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei, en Santiago de Compostela; o CEIP Plurilingüe de Outes; o CEIP Valle Inclán e o CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, no Concello de Oleiros; o CEIP Manuel Fraga Iribarne, en Cariño e o CPR Plurilingüe San Xosé, en Pontedeume.

Na provincia de Ourense, os centros beneficiados son o CEIP Vistahermosa de Ourense; o IES Xermán Ancochea Quevedo, e o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, na Pobra de Trives. Por último, na provincia de Pontevedra, o reforzo chegará ao CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, en Lalín; o CEIP Plurilingüe García Barbón, en Vigo e o CEIP Plurilingüe San Narciso, en Marín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.