O Concello da Pobra convoca ás familias a participar nun obradoiro sobre o uso responsábel das novas ferramentas

19 Maio 2022

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro 27 de maio un obradoiro formativo para inculcar na xuventude (apelando á implicación directa de nais, pais e profesorado) hábitos saudábeis en materia de redes, comunicación, lecer dixital e dispositivos. Trátase da actividade Todo a cambio dun like, prevista para as 18.00 horas no devandito escenario da Pobra. Organiza a Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). O obxectivo é “que as familias adquiran as ferramentas e habilidades necesarias para acompañar ás súas fillas e fillos nun uso axeitado da Internet, as redes sociais e os videoxogos”.

Respecto dos porqués desta sesión divulgativa e sensibilizadora, dende o Concello lembran que “se ben as novas tecnoloxías teñen vantaxes, un uso inadecuado pode xerar situacións que poden comprometer a súa seguridade e benestar, polo cal esta acción formativa ensinaralles ás familias a identificar elementos perigosos e afrontalos dende unha perspectiva focalizada no respecto a todas as persoas e no rexeitamento de calquera tipo de violencia”. Entre os contidos por tratar figuran o acceso á información e ás aplicacións máis empregadas na actualidade pola mocidade; o uso seguro e responsábel das novas canles; como entender, conectar, previr e actuar; os perigos das redes sociais para a xuventude; e a igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero nas redes sociais.

Para máis información habilítase o enderezo electrónico igualdade@apobra.gal e o teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6. A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.