Cultura da Deputación achega este ano 125.000 euros para a distribución de filmes en galego

11 Maio 2022

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña destina este exercicio 125.000 euros para apoiar a distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia. A entidade provincial fai saber que o prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de maio e o importe máximo por beneficiario é de 30.000 €.

Esta liña de axudas cubre o apoio aos contidos audiovisuais galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc. feitas en Galicia) para a súa distribución e exhibición en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego) e tamén o apoio á distribución en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego) de contidos audiovisuais non galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc. feitas fóra de Galicia).

O deputado Xurxo Couto

“O campo audiovisual”, salienta o responsábel provincial de Cultura, Xurxo Couto, “é hoxe en día un ámbito estratéxico na creación de contidos culturais para calquera sociedade. A produción de filmes, documentais, contidos dixitais e demais formatos audiovisuais para a súa emisión nas diferentes canles existentes é unha mostra principal da vitalidade dunha lingua e dunha cultura, en tanto permite xerar discurso propio cara si e cara os outros e articular un espazo de referencias propio e recoñecible, cunha dinámica autónoma e beneficiosa no sociocultural e no económico”.

En 2021 a Deputación achegou 96.352,67 euros para que oito filmes puidesen chegar ao público na provincia; entre eles, A virxe roxa, de Marcos Nine; Nación, de Margarita Ledo; ou Negro púrpura, de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.

As bases da convocatoria poden consultarse online.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.