Cartea e Teira achegan ao público pobrense un libro e exposición sobre o poeta Arthur Rimbaud

04 Maio 2022

Ao abeiro da programación do Maio das Letras, a casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do
Caramiñal dará cabida neste 6 de maio, ás 20.30 horas, á inauguración dunha exposición de Manuel Teira e a presentación do volume Arthur Rimbaud. Iluminacións – Unha tempada no inferno, con tradución e notas de Manuel Cartea.
No acto intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e os propios artistas, ademais de contar co acompañamento musical da pianista Tania Davila López.
Organiza a Concellaría da Cultura e a asociación cultural Barbantia, coa colaboración da A.C. Escola de Música da Pobra do Caramiñal.
A entrada é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

A cestaría marca o inicio dos obradoiros de artesanía na Pobra

Cestaría, macramé, cerámica, madeira e xabóns son os obradoiros de artesanía Feito coas túas mans que se imparten na Pobra do Caramiñal dende a Concellaría da Participación Veciñal na determinación de "seguir dinamizando o rural levando actividades aos centros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....