Muros acolleu a presentación dun sistema automatizado para medir a calidade da auga con vehículos non tripulados

03 Maio 2022

O porto de Muros acolleu este martes 3 de maio a presentación dun innovador e pioneiro sistema automatizado para a mediación da calidade de auga con vehículos non tripulados. Na presentación do sistema, o primeiro que vai usar a Xunta destas características, participaron o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde; e a conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana.

A tecnoloxía dada a coñecer en Muros, abeirada ao programa Mar-2, foi unha realidade grazas á fórmula da Compra Pública Innovadora, a través dunha UTE formada por Indra e polas empresas galegas Sistemas, Soluciones y Proyectos de Información e Adantia.

En termos máis concretos, a solución componse dun vehículo aéreo non tripulado e dunha embarcación non tripulada equipados con sistemas de medición da calidade da auga para a toma de mostras, cunha plataforma para a administración e almacenamento de datos.

Quintana incidiu en que esta solución “permite a recollida de mostras e a medición de parámetros de calidade da auga de forma autónoma, o que mellora o desenvolvemento da actividade por parte dos profesionais do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, o INTECMAR”.

Este tipo de dispositivos, engadiu, permiten unha recollida de datos máis intensiva podendo actuar incluso en situacións de condicións meteorolóxicas e marítimas adversas. O obxectivo, destacou a titular de Mar en funcións, é “mellorar os procesos na medida do posíbel e acadar unha maior eficiencia na realización dos labores de control e de seguimento do medio mariño de Galicia”. Rosa Quintana tamén fixo saber que a solución xa está plenamente integrada nas operativas de traballo do Intecmar, de Augas de Galicia e do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

Así, o INTECMAR coordina as mostraxes coa embarcación na ría de Muros-Noia e realízanse cunha frecuencia semanal. Amais, Augas de Galicia está a realizar, con carácter trimestral, tomas de mostra co vehículo aéreo non tripulado nos encoros de Eiras, Caldas, Portodemouros, Barrié de la Maza, Santa Uxía, Ribeira, Eume, Forcadas e na ría de Vigo. De xeito complementario, o Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia está a realizar a análise dos datos recibidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...