A Deputación estende a paixón polo libro infantil e xuvenil co Club de Lectura da Raíña Lupa

11 Abril 2022

Ao abeiro do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, a Deputación da Coruña puxo en marcha unha iniciativa para render homenaxe aos libros e acrecentar, principalmente na poboación máis nova, a chama da paixón literaria. Estamos a falar do Club de Lectura Raíña Lupa, un programa de encontros informais arredor dos libros que bota a andar enchendo de recomendacións, suxestións e propostas o último venres deste mes de abril. A iniciativa nace sen ningún tipo de atadura nin etiqueta, co obxectivo de facer partícipes do amor pola literatura infantil e xuvenil a persoas de todas as idades.

Esta iniciativa está coordinada pola gañadora da última edición do Premio Raíña Lupa, Andrea Maceiras, e celebrarase na Sala César Antonio Molina da Biblioteca Provincial da Coruña, ás 18h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro.

O venres 29 de abril, será o escritor Antonio Manuel Fraga o encargado de inaugurar esta rede de encontros co público lector.

Na mañá deste 11 de abril, a coordinadora, Andrea Maceiras, e o autor Antonio Manuel Fraga visitaron a Biblioteca provincial na que terán lugar as sesións. Nos seguintes encontros participaran Érica Esmorís, Berta Dávila, Ledicia Costas, Manuel Rivas e a propia Andrea Maceiras.

Para participar no Club da Raíña Lupa será necesario inscribirse previamente a través de correo electrónico. O prazo de inscrición para integrarnos nas fileiras do club abrirase o luns 18 de abril, día no que se fará público o enderezo electrónico de inscrición. O número de prazas estará limitado a 20 persoas e poderá participar tanto o público máis novo como calquera persoa adulta -nais, pais, irmáns, docentes, bibliotecarias- que desexe compartir experiencia lectora cos máis novos e novas.

Calendario de lecturas e encontros

· 29 de abril: Antonio Manuel Fraga con Santoamaro

· 27 de maio: Érica Esmorís con Patio de luces

· 30 de setembro: Berta Dávila con Un elefante no cuarto de estar

· 28 de outubro: Ledicia Costas con O neno de lume e Manuel Rivas con A nena lectora

· 25 de novembro: Andrea Maceiras con Que se me pare o corazón se te esquezo

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.