Iniciada a restauración da locomotora “Sarita” para o Museo de Cela en Padrón

10 Abril 2022

A Xunta inicia estes días o proceso de rehabilitación da locomotora coñecida como Sarita, que se realizará nun prazo de catro meses. O obxectivo é integrar esta peza principal do Museo do Ferrocarril, que forma parte do Museo Camilo José Cela, na museografía exterior deste espazo situado na casa natal
do Nobel galego, en Padrón. A iniciativa enmárcase no programa de accións conmemorativas promovidas polo Goberno galego co gallo do 20 aniversario do pasamento de Cela.
Os traballos previstos, cun investimento de 45.000€, consisten na limpeza e saneamento da estrutura e das partes menos afectadas para o posterior imprimado. As partes metálicas inservibles serán substituídas por unhas de chapa de ferro de calidade S275 con acabado decapado e un espesor adecuado á peza para reconstruír. As pezas novas suxeitaranse ao chasis da locomotora con parafusos de aceiro semellantes aos orixinais.

Tamén se reconstruirá a cabina de condución e incorporarase un novo caixón de carbón cunha porta de guillotina na súa parte inferior; colocaranse os novos laterais, a cubrición do fogar con porta abatible e o chasis do teito. A cuberta do teito cubrirase cun taboleiro composto de partículas e madeira e resinas de alta densidade. Por último, procederase ao selado das xuntas, imprimado de todas as pezas novas e pintado xeral da locomotora coas cores orixinais.
A maiores, restauraranse e limparanse todas as pezas de bronce como bucinas, reloxos de presión e temperatura, tubaxes de canalización de vapor e auga e o sombrerete superior da cheminea, que tamén recibirán un verniz especial para que non se altere o seu brillo natural. Os focos situados nas partes dianteira e traseira serán outras das pezas sometidas a este proceso de recuperación. Tras a colocación de todos os elementos restaurados, substituiranse as barras de pasamáns colocadas polos laterais da caldeira, cunhas novas de aceiro inoxidable pulido con brillo.

Ano conmemorativo de Cela

A recuperación da locomotora Sarita forma parte do conxunto de accións promovidas pola Xunta arredor da figura e do legado de Camilo José Cela con motivo da conmemoración do 20 aniversario do seu pasamento. Neste marco, ao longo de 2022 desenvolveranse diversos proxectos expositivos, xornadas académicas en Madrid e Cataluña e outras actividades divulgativas a prol do achegamento da cidadanía á vida e obra do escritor.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.