Os socialistas ribeirenses piden que se actualicen os indicadores da Comisaría da Policía Nacional

04 Abril 2022

O Grupo do Ps de G-Psoe de Ribeira presentou o Pleno da Corporación Municipal unha petición para a actualización dos indicadores que conducen á noca Comisaría da Policía Nacional.

Nova Comisaría da Policia Nacional

Na peticións os socialistas ribeirense indican que hai poucos meses que entrou en funcionamento a nova Comisaría de Policía Nacional de Ribeira e a localización desta nova Comisaría non é coñecida por todos os veciños, sendo a sinalización para chegar a ela inexistente e dando lugar a confusións da súa ubicación xa que se manteñen os carteis antigos, que aínda sinalan a localización á beira do Grupo Escolar.
É ademais importante indicar que, se se pregunta a Google Maps a localizaciónbda Comisaria, esta aplicación, que é das mais utilizadas polos cidadáns, lévenos ás instalacións actualmente pechadas e en desuso.
O grupo socialista ribeirense solicita que se proceda a desinstalar os indicadores obsoletos que levan aos veciños e visitantes ás instalacións pechadas, sendo recolocados para que cumpran co seu labor de indicar aos cidadáns como chegar á nova Comisaría de Policía Nacional.
Ase mesmo que se tente que Google Maps corrixa as indicacións que leven a localizar a localización actual e non á anterior en desuso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.