Os activistas da lingua de Rianxo centran o terceiro capítulo da webserie “Aquí medra a lingua”

04 Abril 2022

O proxecto Aquí medra a lingua, webserie do Consello da Cultura Galega destinada a mostrar proxectos escolares de dinamización lingüística, vén de engadir o terceiro dos seus capítulos.

Trátase de Activistas da lingua e céntrase na experiencia do IES Félix Muriel de Rianxo amosando o labor de normalización lingüística deste centro que, en palabras do CCG, “vai máis ala dun proxecto de dinamización”.

Segundo se fai saber no audiovisual, o activismo do IES Félix Muriel ten un ano e un nome propio e non é outro que o de Valentina Formoso. En 2001, Valentina Formoso fíxose cargo do Equipo de Normalización Lingüística (ENL) e, a partir de aí, iniciouse un camiño que trouxo á comunidade do centro ata a situación actual na que o instituto é un referente no fomento do galego. O seu proxecto de Dinamización Lingüística está no corazón do seu proxecto educativo. Tanto é así, que dende hai anos aplican o Tratamento Integrado de Linguas dando prioridade á lingua minorizada como idioma vehicular. O resultado é “un maior e mellor uso do galego, unha educación de servizo á comunidade, cun profesorado implicado e un alumnado que exercen de activistas da lingua”, explícase no audiovisual agora dispoñíbel na Rede.

Neste capítulo interveñen Sofía Rama Lorenzo, Xabier Vázquez Parcero, Ramón Veiga Fernández, Sabela Loureiro Coto, Enma Ordóñez Freire, Noelia Fernández Romero, Laureano Figueira Tembra, Noa Rial Abuín, Ángela Garrido Pimentel, Óscar Iglesias Resúa e Andrea de Jesús Carou.

O proxecto

Aquí medra a lingua é un proxecto deseñado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG que coordina Carme Garcia Mateo, que busca amosar que as escolas son “un cómplice indispensábel na lingua galega e da súa transmisión”. Segundo explican, as diferentes iniciativas están contadas polos seus propios protagonistas que ofrecen “un relato fiel dos proxectos que se están a desenvolver en diferentes centros de toda Galicia”. Esta experiencia audiovisual, dirixida pola valdeorresa Cristina de la Torre, está estruturada en seis capítulos que arrincaron os días pasados con O modelo Burela, e que se irán subindo semanalmente xunto cunha ficha descritiva de cada centro a un especial do web do Consello da Cultura Galega.

Comezou o 21 de marzo co IES O Perdouro de Burela e logo seguiu co CPI da Saleta de Cea e co IES Félix Muriel de Rianxo (4 de abril). A vindeira cita será co CEIP Barouta de Ames (11 de abril) e co CRA Nosa Señora de Ponteceso (18 de abril) para rematar o 25 de abril no CEIP Barouta de Moaña. Son seis centros que están espallados por toda a xeografía galega, que amosan as diferentes accións de cada centro en prol da lingua, coas dificultades e vantaxes de cada caso. Ao remate, todas esas visións xuntaranse nun documental único que condensa todo o material e que ofrece unha visión realista sobre o galego na escola.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.