Os postes de sinalización do Camiño A Orixe comezaron en Corrubedo a súa instalación

30 Marzo 2022

O Concello de Ribeira anunciou o comezo dos traballos para instalar en diferentes espazos urbanos a sinalización do itinerario xacobeo da nosa comarca, o Camiño A Orixe. Os postes indicativos xa están visíbeis, neste primeiro treito dos traballos, nas rúas de Corrubedo. A súa instalación é unha iniciativa da Mancomunidade Barbanza Arousa en colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño A Orixe.

Os postes —un total de 155— foron elaborados polo alumnado do obradoiro de emprego Serra do Barbanza e por sete usuarios asistentes ao obradoiro de carpintería da UAD (Unidade de Atención a Drogodependencias).

Como dixemos, os labores de instalación comezaron por Corrubedo, punto de arranque desta ruta xacobea, e continuarán polo resto do itinerario dentro do noso concello, que abrangue a primeira etapa (ata a Capela da Guía en Carreira) e unha parte da segunda, que finaliza na veciña A Pobra do Caramiñal na Igrexa de Santa María A Antiga.

O Concello de Ribeira explicou que a iniciativa conta coa particularidade de que se sinaliza tanto o traxecto de ida (en dirección a Santiago de Compostela) como o de volta (indo cara o cabo barbanzán).

Na acción colaborou tamén a Policía Local.

Dende o Consistorio lembran tamén que os usuarios da UAD tamén estiveron traballando na sinalización ao Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Outros artigos

A Pobra activa un obradoiro de conciliación para o día 20 de maio

Na senda de seguir a favorecer a compatibilización da vida persoal e laboral das familias, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal lanza un obradoiro de conciliación para o 20 de maio. Como xa é habitual, este transcorrerá no CEP Salustiano Rey Eiras, no...

+

Incendio dun vehículo nun supermercado no Concello de Boiro

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento de Boiro foron alertados ao redor das 15:15 horas da tarde deste sábado 11 de maio dun incendio que afectou a un vehículo nun supermercado no concello de Boiro. Na chegada realizouse unha inspección...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

“Arcilla, no fango”. Alberto Barciela

La vida es un acto individual que hemos de compartir necesariamente si queremos otorgarle sentido, una lógica. Seguir en soledad sería retroceder, asumir una vida sin sentido, sin convivencia, sin participación. Lo sensato es encontrar un hueco en la zona de consenso....