O prazo para presentar orixinais ao XXI Premio Miguel González Garcés de Poesía remata o 26 de abril

24 Marzo 2022

A Deputación da Coruña lembrou que o prazo para presentar orixinais á XXI edición do Premio Miguel González Garcés de Poesía, convocado pola entidade provincial, estará aberto até o vindeiro 26 de abril. O premio é único e está dotado coa cantidade de 6.500 euros.

Silabario da peste, de Lupe Gómez, e Contra natura, de Daniel Asorey, foron as obras gañadoras en 2020. Na nómina de premiadas e premiados en anteriores edicións están tamén Luz Pozo Garza (premiada en 1992 por Prometo a flor de loto), Helena Villar Janeiro (accésit en 1994 por Festa do corpo), Xosé María Álvarez Cáccamo (gañador en 1999 con Vocabulario das orixes) ou Miguel Anxo Fernán-Vello (gañador en 2004 con Capital do corpo).

Con carácter bianual desde o ano 2000, o González Garcés “non só dá continuidade ao que xa é unha tradición na convocatoria poética en lingua galega e recolle tamén o exemplo deste significativo escritor coruñés, senón que constitúe un fiable indicador da boa saúde da literatura galega e, en concreto, da súa poesía”, en palabras do responsábel provincial de Cultura, Xurxo Couto.

As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 15 de marzo e tamén descargarse na ligazón habilitada pola Deputación.

Xurxo Couto, responsábel provincial de Cultura

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.