CONGALSA non desbota ter que pechar esta próxima semana se persiste a falta de materia prima

20 Marzo 2022

Varias empresas da comarca comunicaron xa o inminente cesamento da súa actividade ante a ameaza de falla de material polos bloqueos do transporte. É o caso de CONGALSA, radicada na Pobra do Caramiñal e referente nacional na elaboración de produtos precociñados ultraconxelados de peixe e marisco.

De manterse a actual situación de falta dun fluxo continuado de materia prima, a factoría non terá máis remedio que pechar as súas portas a próxima semana e mandar ao persoal á casa. Nas instalacións da empresa elabóranse mensualmente unhas 2.000 toneladas de produto de diverso tipo que requiren dunha elevada cantidade de materia prima. Grazas ao emprego doutros almacéns, a produción puido manterse ata o momento.

Desde a empresa informan que nalgunhas liñas tiveron que efectuar cambios. A empresa CONGALSA con sede en A Pobra e que tamén posúe en Portugal a factoría Sulpasteis, ten un persoal de 562 traballadores e pechou o pasado exercicio cunha facturación de 113 millóns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.