Xarope Tulú reivindica a diversidade cun contacontos en Rianxo

08 Outubro 2019

20191008 O grupo galego Xarope Tulú vai estar a vindeira semana en Rianxo, na Biblioteca Municipal, para ofrecer unha sesión de contacontos sobre o bo de sermos diversos e sobre a importancia de respectar, igualmente, as diferenzas, diversidades e características propias dos demais. Trátase do espectáculo Estrafalaria, que tamén se distingue da norma imperante en varios dos seus aspectos, comezando polo formato adoptado (trátase dun espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato) e rematando pola historia que se conta (o día a día dunhas personaxes que levan a diferenza por bandeira).

O contactos virá da man de Atenea García e está programado para o día 18 de outubro a partir das 18.00 horas. Está recomendado para crianzas a partir dos tres anos.

Segundo informa Xarope Tulú sobre a importancia de sensibilizar á rapazada acerca de todo o amplo abano de realidades persoais coas que van ter que convivir, “as cativas e os cativos deben entender a diversidade como algo enriquecedor e imprescindíbel para que a sociedade evolucione cara o mundo que queremos, ese no que debería predominar a tolerancia, a solidariedade e a integración”.

Organiza o Concello de Rianxo ao abeiro do programa autonómico Ler Conta Moito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.