Amicos reforestará este venres a contorna das Mámoas, en Leiro (Rianxo)

17 Marzo 2022

Este venres 17 as persoas integrantes da comunidade Amicos bótanse ao monte en Leiro, Rianxo, para repoboar con especies arbóreas autóctonas o terreo das contornas das Mámoas. Será a partir das 12.30 horas. Amais de diversos representantes do equipo coordinador de Amicos, asistirán á xeira de traballo Santiago Barros Fernández, xefe de Servizo de Montes de A Coruña, Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo, e Ánxela Miguéns, presidenta da CMVMC de Leiro. Os traballos a desenvolver inclúen unha superficie de dez hectáreas na devandita parroquia rianxeira, co obxectivo de celebrar o Día Internacional dos Bosques, que se conmemora a nivel mundial o vindeiro luns, 21 de marzo.

Nun plano máis específico, un dos obxectivos principais da xornada do venres é “poñer en valor a contorna das Mámoas do Campiño e recuperar o terreo danado no gran incendio do 25 e 26 de marzo de 2019, que arrasou Dodro e Rianxo”.

Esta acción forma parte do proxecto Amicos ZeroCO2 co que a asociación axuda a restablecer a masa forestal dos terreos para empregar o CO2 que absorben as árbores plantadas para compensar as emisións dos vehículos de Amicos, necesarios para os desprazamentos das persoas con discapacidade as súas casas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.