“SEA” inaugura a súa nova sede e confirma o avance nos polígonos en Rianxo e outra vilas galegas

15 Marzo 2022

A sociedade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico”, dependente do Ministerio de Transportes a través de Sepes, certificou no primeiro Consello de Administración deste ano o éxito da súa estratexia de impulso empresarial, ao aprobar a adxudicación de máis de 27.000 metros cadrados de superficie, en parcelas de e Rianxo, Mondoñedo, Monforte, Laracha e Vilanova de Arousa, que suman un importe de1’9 millóns de euros.

Desta forma, consolídanse os bos resultados de “SEA” obtidos en 2021, onde se alcanzou unha cifra histórica de máis de 10 millóns de euros de investimento empresarial en chan industrial.
No Consello de Administración, celebrado esta mañá en Santiago de Compostela, o novo director xeral de Sepes, Fidel Vázquez, tomou posesión como presidente de SEA. No Consello tamén estivo presente a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, en representación do accionariado de SEXA.

Posteriormente, celebrouse o acto de inauguración da nova sede de SEA, que se sitúa na Avenida de Barcelona, 33, e que responde o interese da sociedade mercantil estatal por consolidar investimentos e reducir gastos.
O acto estivo presidido polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo e contou coa participación da subdelegada do Goberno na Coruña, así como coa asistencia de alcaldes e representantes dos concellos nos que se sitúa o chan industrial de SEA en Galicia.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.