A Pobra acollerá unha visita teatralizada a cargo de Serafín Marcos

08 Outubro 2019

20191008. Con motivo da iniciativa ‘O teu Xacobeo’, o domingo 13 volve Serafín Marcos cunha nova visita teatralizada da Pobra do Caramiñal, despois de que fixese o propio a principios de setembro. Baixo o título A Pobra Xacobea, percorreranse diversos emprazamentos da vila que gardan relación co camiño. Deste xeito, anticípase o Xacobeo 2021 cunha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante o 2019 e 2020.

A actividade transcorrerá a partir das 19.00 horas, establecendo como punto de encontro os xardíns Valle-Inclán.

Para máis información ou resolver dúbidas, os interesados poden dirixirse ao teléfono 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.