Dúas persoas necesitaron asistencia médica tras verse implicadas nun accidente múltiple na Pobra do Caramiñal

11 Marzo 2022

Tres vehículos, un camión que transportaba penso e dous turismos, víronse implicados nunha colisión na AC-302, ao paso pola Pobra do Caramiñal.Como consecuencia do impacto, dúas persoas necesitaron asistencia médica, polo que foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia con lesións de diversa consideración.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas as sete desta mañá, tal e como indicaron as testemuñas do suceso que marcaron o número único de emerxencias para pedir axuda. Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias-061 e aos axentes da Policía Local.

Tamén foron informados os Bombeiros de Ribeira, que acudiron ao lugar do accidente para colaborar nas tarefas de limpeza e retirada dos danos provocados polo choque, xa que os feridos estaban perfectamente liberados e accesibles. Ademais, contaron co apoio dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.