O Coworking da Pobra acolle o 16 unha charla sobre emprendemento

10 Marzo 2022

O Coworking da Pobra do Caramiñal continúase a dinamizar con diversas actividades que se organizan dende a Concellaría da Promoción Económica, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra). Se neste 10 de marzo é a quenda da xornada de portas abertas, no día 16 impartirase a charla Atréveste a emprender, coa cal se busca “fomentar o espírito emprendedor e incentivar as ideas de negocio”.

O coloquio ofrecerase en horario de 12.00 a 13.00 horas, no propio espazo de traballo colaborativo, da man de Fátima Rodríguez, en representación de Promove, a empresa que se encarga da asistencia técnica.

As persoas interesadas en asistir débense inscribir a través do enderezo electrónico coworkingpobra@apobra.gal ou do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.