O Concello pobrense establece un patrocinio co Club Kempo Pobra

09 Marzo 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Club Kempo Pobra formalizaron no día de hoxe un contrato
de patrocinio publicitario onde se vincula a imaxe da entidade deportiva co municipio, ao tempo que serve como contribución por parte da Administración local para axudar a sufraga-los gastos de
desprazamentos, de aloxamento e outros custos que o club debe afrontar, polo cal se achegan un total de 1 500 euros.
No acto da sinatura, que se desenvolveu no salón de plenos da casa consistorial e que contou coa asistencia de membros da corporación municipal, a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), puxo en valor a relevancia e alto nivel do club, polo cal enumerou algúns dos numerosos logros acadados como, por exemplo, se-lo terceiro mellor equipo no Campionato de España de Clubs, o recoñecemento a Álex Pérez como deportista de alto nivel en kempo de Galicia ou a delegación que
participará na Copa do Mundo que se realizará en Caldas da Rainha do día 11 ao 13 de marzo, e que está integrada por Juan Vicente Figueiras, Yago López, Adrián Pego, Álex Pérez, Adrián Sánchez e Paula Oubiña.
Pola súa parte, o técnico da entidade deportiva, Miguel Pérez, manifestou que este convenio supón “unha achega moi grande para poder sufragar gastos.” No que respecta á próxima competición en Portugal, apuntou que “intentaremos facer un bo papel” e fixo fincapé nas calidades dos deportistas que integran o equipo.
Finalmente, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), explicou que o modelo de contrato publicitario é unha das vías que ten o Concello para axuda-las entidades deportivas no desenvolvemento da súa actividade e este constitúe o cuarto que se rubrica. Consiste, polo tanto, nunha axuda extraordinaria para que os e as deportistas poidan representa-la Pobra do Caramiñal e contribuír a que consolida-la súa andaina.

Entre as obrigas figuran que o club deberá inseri-lo logotipo da Área dos Deportes do Concello da Pobra do Caramiñal nun lugar visible do equipamento oficial. Participará tamén en actividades municipais
relacionadas co deporte e campañas de sensibilización e concienciación social. A súa colaboración nunca poderá interromper ou afectar de maneira negativa o seu dinamismo, ben sexan adestramentos ou
competicións. Realizaranse sempre de mutuo acordo e establécese un mínimo dunha acción ao longo de todo o 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.