Na Pobra, o Concello e CONGALSA entregan a viaxe familiar a Eurodisney da campaña do Nadal

09 Marzo 2022

Este 9 de marzo levouse a cabo na Pobra a entrega da viaxe familiar para catro persoas a Eurodisney á afortunada na segunda edición da campaña local Raña e gaña, desenvolvida na época do Nadal. Eva Santamaría Dios recibiu o agasallo da man da concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); da directora das relacións externas de CONGALSA, Isabel Cañas; e do representante do establecemento local Entrena Galicia onde se distribuíu a tarxeta, José Manuel Rodríguez.

Déuselle así continuidade a esta proposta co obxectivo de incentivar as compras nos establecementos de proximidade e, polo tanto, “vigorizar a actividade económica do municipio”; unha iniciativa pensada especificamente para a época do Nadal, xurdida da unión de forzas entre o Concello da Pobra do Caramiñal e o comercio local xunto coa colaboración do tecido empresarial: CONGALSA, Grupo Roig, Rianxeira/Escurís, Conservas Ramón Franco, a estación de servizo Avia e DS Smith Cartogal.

No transcurso da campaña distribuíronse arredor de 80.000 rascas en 60 establecementos comerciais e de servizos da localidade, entre os días 27 de novembro e 6 de xaneiro, o cal traduciuse na entrega de arredor de 600 agasallos directos por un importe total de case 15 000 euros, ademais dun movemento de aproximadamente 800.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...