A rianxeira Autoxuga presentará no GaiásTech o seu software para aforrar combustíbel

03 Marzo 2022

O vindeiro 23 de marzo a firma Autoxuga, empresa rianxeira de tecnoloxías aplicadas ao ámbito do motor, vai protagonizar unha xornada no Centro GaiásTech da axencia AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia). A sesión, que se desenvolve en formato mixo (de xeito presencial e en streaming para todas as persoas interesadas, estean onde estean), servirá para que Pablo Alberto Castro, co-propietario e apoderado de Autoxuga, presente os detalles dunha aplicación tecnolóxica que permite aforrar entre un 25% a un 30% de combustíbel nos coches, amais de reducir a pegada de CO2 nun 45%, evitar custosas avarías e prolongar a vida útil dos automóbiles modernos.

As posibilidades do software en cuestión, desenvolvido integramente por Autoxuga, mostraranse dun xeito didáctico e claro para que “calquera persoa, teña os coñecementos que teña sobre motor e eficiencia, saiba o que facer para avanzar en sustentabilidade e aforro en materia de uso de combustíbel”.

Para asistir presencialmente á xornada ou ben conectarse por streaming a través de computador ou teléfono móbil cómpre facer a inscrición no Centro GaiásTech na ligazón específica habilitada.

Segundo avanza Pablo Alberto Castro respecto da relevancia que adquire a xornada no contexto actual de escalada de prezos, “pola importancia do tema e como se trata de aforrar combustíbel e reducir a pegada de carbono, esta cornada cremos que pode ser de gran utilidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...