O sector agroalimentario copa o 80% da industria do Barbanza. O Club Financeiro de Santiago presenta en Boiro o Informe de Conxuntura Económica

28 Febreiro 2022

O sector agroalimentario representa o 80% da produción industrial do Barbanza, a segunda comarca da provincia da Coruña en termos de poboación (por diante mesmo de Santiago) e que ten unha media de PIB por habitante de 18.298 euros.

Estes son algúns dos datos que forma parte do Informe de Conxuntura Económica sobre a comarca do Barbanza elaborado polo Club Financeiro de Santiago e que foi presentado este luns no Concello de Boiro con presenza dalgúns dos seus promotores.

A análise á economía da comarca do norte da ría de Arousa –que abarca os municipios de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo– extrae que case o 56% do valor engadido bruto da zona depende do sector servizos.

Con todo, máis dun cuarto da economía da comarca (26,39%) está vinculada á industria, na que goza dun peso case exclusivo o sector agroalimentario, co 80% do total.

O sector primario (9,09 %) e a construción (8,69%), completan o cuarteto de sectores con maior importancia na economía do norte de Arousa.

Ademais, o informe revela que o Barbanza ten maior densidade de poboación que a comarca de Santiago e, de feito, é a segunda máis habitada da provincia da Coruña con 266 habitantes por quilómetro cadrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.