O Club Financeiro de Santiago presenta en Boiro o Informe de Conxuntura Económica

25 Febreiro 2022

O Club Financeiro de Santiago presenta o vindeiro luns, 28 de febreiro (12:30 horas), no Concello de Boiro o Informe de Conxuntura Económica (ICE) que realiza unha radiografía completa da realidade económica da provincia da Coruña, tanto a nivel comarcal como municipal. Esta edición está subvencionada pola Deputación da Coruña.

O estudo foi elaborado por un equipo de expertos economistas integrado por David Rodríguez, profesor de Análise Económica da UDC; Emilia Vázquez, profesora de Economía Cuantitativa da USC; María Bastida, docente de Organización de Empresas e Comercialización da USC; Maite Cancelo, profesora titular de Economía Aplicada da USC; e Miguel Vázquez Taín, profesor titular de Economía Pública e Sistemas Fiscais da USC.

O ICE analiza a información económica do dezaoito comarcas con incidencia na provincia da Coruña: Arzúa, Barbanza, A Barcala, Bergantiños, Betanzos, A Coruña, Eume, Ferrol, Fisterra, Muros, Noia, Ordes, Ortegal, Santiago, O Sar, Melide, Terras de Soneira e Xallas.

O documento estrutúrase en cinco bloques: territorio e recursos naturais (núcleos de poboación, densidade, catastro), poboación (movementos migratorios, condicións de vida), mercado de traballo (paro, contratacións, pensións), estrutura produtiva (PIB, sectores produtivos, demografía empresarial) e sector público (facendas locais, gastos e ingresos municipais).

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.