A Garda Civil homenaxea ao axente Suárez Sayar

02 Outubro 2019
Cedida por Garda Civil

20191002. A Garda Civil de Boiro e A Pobra do Caramiñal homenaxea ao seu membro máis antigo, José Andrés Suárez Sayar, con motivo da súa xubilación. O axente estivo 44 anos ao servizo dos cidadáns en destinos coma Tazones (Asturias), A Pobra do Caramiñal e os seus últimos 30 anos no Posto Principal de Boiro.

Deste xeito, desfrutará do seu retiro no Barbanza, concretamente en Boiro, a pesar de que as súas raíces sitúanse en Santiago de Compostela.

A Garda Civil sinala que deixa “un grato recordo entre os seus compañeiros e compañeiras de profesión”, polo que realizan unha cea no Restaurante Florida como xesto para agradecerlle “a súa profesionalidade, compañeirismo e o seu bo facer durante toda a súa traxectoria profesional.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...