O Concello de Rianxo comunica á veciñanza que xa pode pedir axudas para protexer fincas dos danos dos xabarís

26 Xaneiro 2022

O Concello de Rianxo comunicou a convocatoria de axudas para axudar aos propietarios de fincas a protexelas dos estragos xerados polo xabaril. En concreto, achegarase financiamento para a adquisición de pastores eléctricos.

A orde foi publicada o 20 de xaneiro e nela especifícase que o importe máximo das axudas será de 150 euros por pastor alimentado por batería ou conectado á rede eléctrica e de 300 euros por pastor eléctrico cuxa batería se alimente con panel fotovoltaico. O prazo de presentación vai do 21 de xaneiro ao 21 de febreiro. Para máis información cómpre visitar a sede electrónica da Xunta (procedemento MT809D) ou requirir máis datos a través de medioambiente@concelloderianxo.gal.

Big wild boar walking in a green forest

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.