Recollidas preto de 40 toneladas de téxtil nos colectores da Pobra no 2021

24 Xaneiro 2022

O Concello da Pobra achegou novos datos relativos ao seu balance de actividades de reciclaxe e sustentabilidade desenvolvidas ao longo do ano que vimos de deixar atrás. No ámbito do téxtil, a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), informou que no devandito período depositáronse 39’89 toneladas de roupa na ducia de colectores habilitados para a súa recollida en distintos puntos do termo municipal.

“Foi unha cifra semellante á do 2020 cando se acadaron as 38’87 toneladas”, engadiu Hermo, confirmando que nos labores de recollida segue a colaborar Arroupa, empresa de inserción sen ánimo de lucro impulsada por Cáritas que se encarga da recollida de prendas e calzado nos contedores vermellos de da Virxe do Monte, O Xobre, A Angustia e Caíños. Ao labor de Arroupa súmaselle o traballo despregado por Humana (cor verde), con presenza na rúa Gasset, na rúa Rafael Dieste, na rúa San Lázaro e en Caíños; e Texlimca (cor azul), con puntos na rúa Díaz de Rábago, no recheo, no paseo dos Areos e na rúa Venecia-Pintor Laxeiro.

Os contedores que rexistraron un maior volume de recollida foron os de Texlimca cun total de 15’21 toneladas; seguidos dos de Cáritas, con 13’95; e dos xestionados por Humana, con 10’73.

O Concello reflicte a maiores que “a finalidade da vestimenta que sae dos 12 colectores é diversa”, pois Cáritas recolle roupa e calzado en bo estado para fins sociais; mentres que Humana e Texlimca o recadan, independentemente das condicións que presenten, para, por exemplo, producir a materia prima para outros produtos. Cómpre lembrar que estes recollen unicamente pezas de orixe doméstica, tales coma roupa do fogar, de vestir, complementos, calzado e outros elementos con compoñentes téxtiles como peluches.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.