Os socialistas abordan no Parlamento urxir ao Goberno galego que se implique na recuperación da produción marisqueira da Ría de Arousa

17 Xaneiro 2022

O voceiro de Pesca do Grupo Socialista, Julio Torrado, levará á Comisión de Pesca do Parlamento que se celebrará mañá, martes 18 de xaneiro, a partir das 10,30 h., unha proposición non de lei para instar á Xunta a “implicarse de verdade” na “necesaria” recuperación da produción marisqueira da ría de Arousa cando “é unha evidencia que, na última década, esta ría perdeu unha enorme cantidade de produción”.

O socialista pedirá ao goberno galego que configure unha mesa de traballo permanente coa participación común dos representantes do sector, investigadores, expertos en marisqueo e administración, e urxirá a deseñar un plan multianual para recuperar a maior produtividade posible e dotalo economicamente.

Na proposición o PSde G-Psoe dise que a campaña de libre marisqueo nas zonas destinadas a este fin da ría de Arousa, a de maior produción marisqueira, tivo un resultado moi negativo en volume de recollida.
O aproveitamento das diferentes zonas foi desigual, con notorio descenso dos Lombos do Ulla, inmersos ademais nun problema de desatención por parte da Consellería que nega unha realidade evidente de perda de bivalvos pola non
actuación en termos de dragaxe e control.
A zona de Cabío resultou tamén un fracaso, que provocou que moitos/as traballadores apenas seguisen a súan labor neste lugar despois dos primeiros intentos.
O Bohído puido resistir algo máis, pero a baixísima produción das outras zonas fíxolle sufrir unha explotación excesiva que tampouco é produtiva para todo o volume de persoas traballadoras no sector e que pon en perigo a súa capacidade de rexeneración para novas campañas.
Esta situación vén sendo demasiado habitual nos últimos anos, sen que a Consellería do Mar faga nada máis que buscar culpables externos á súa xestión mentres avoga por desatender as súas funcións de coidado da ría, saneamento e dragados necesarios para minorar os problemas derivados das riadas.
De seguir así a situación varios colectivos e patróns maiores apuntan que as vindeiras temporadas terán un éxito igual de malo ou peor, e demandan afrontar a situación con decisión.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a frear a desatención aos bancos marisqueiros da ría de Arousa e configurar unha mesa de traballo permanente coa participación común dos representantes do sector, investigadores, expertos en marisqueo e administración, que deseñe un plan multianual para recuperar a maior produtividade posible, así como a dotar economicamente as partidas necesarias para poder levar a cabo as medidas que se decidan.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.