Alerta laranxa este venres 7 por temporal costeiro en todo o litoral

07 Xaneiro 2022

Emerxencias Xunta activou este 7 de xaneiro unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dará comezo nesta xornada un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa en todo o litoral galego, con mar combinado de 5 a 7 metros do noroeste.

A Xunta lembra “a importancia de manternos afastados da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos”. Tamén se recomenda que extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.