Falece ós 57 anos o xornalista ribeirense, Manuel Pérez Rivas, premio Pulitzer

29 Decembro 2021

O xornalista Manuel Pérez Rivas, faleceu onte aos 57 anos a causa do cancro. Nacido en Ribeira en 1964 emigrou con 7 anos xunto á súa nai, se ben regresaba con frecuencia á localidade.

Orfo de pai, Manuel Pérez comezou a destacar desde moi pequeno. «Ía ao colexio de Santa Uxía e con 5 ou 6 anos os profesores xa se sorprendían do listo que era», comenta unha das súas curmás. A transición a Estados Unidos levouna a cabo uno dos seus tíos, que animou á nai para establecerse no país para dar máis oportunidades ao pequeno. Unha vez alí, Pérez enseguida sobresaíu nos estudos, o que lle permitiu conseguir unha bolsa para a prestixiosa Universidade de Nova York e empezar así a cursar xornalismo. «Podería facer calquera outra cousa, porque todos dicíanlle que tiña capacidade para iso, pero el quería ser xornalista».

A súa traxectoria profesional comezou na cidade de Nova York e o seu traballo relatando os sucesos da metrópoles leváronlle á máxima distinción xornalística cando gañou o Pulitzer, en 1992, pola súa cobertura dun desastre no metro de Manhattan. Ao longo da súa carreira seguiu cultivando éxitos nas grandes cabeceiras mundiais: O New York Times, o Washington Post, e nos últimos anos na sección dixital da CNN.

As súas viaxes á Península eran esporádicos, apenas unha vez cada ano. Primeiro para visitar aos seus avós e aos seus curmáns, aos que estaba moi unido, e máis tarde, cando a súa nai regresou de Estados Unidos de novo a Ribeira, para vela a ela. Adoitaba pasearse pola capital barbancesa acompañado de Gabriela, a súa muller, á que coñeceu nunha viaxe en México, e do seu fillo, Joaquín.

Tras ter coñecemento do falecemento de Manuel Pérez Rivas, desde o concello ribeirense o alcalde, Manuel Ruiz, expresou o seu pésame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.