Os locais de lecer nocturno que adianten as festas de Fin de Ano non terán acceso ás axudas da Xunta pola cancelación do evento

29 Decembro 2021

Os titulares dos locais de lecer nocturno que opten polo peche dos seus establecementos na fin de semana de Fin de Ano, entre as 00,00 horas do día 31 de decembro de 2021 e as 03,00 horas do día 3 de xaneiro de 2022, deberán realizar unha comunicación previa á Xunta de Galicia, a través do enderezo electrónico pechelecernocturno@xunta.gal e antes das 00,00 horas do día 31 de decembro, co obxectivo de ter acceso ás axudas que o Goberno galego establecerá para compensar dito peche. O incumprimento deste requisito suporá a exclusión das subvencións.

Tampouco poderán optar ás axudas previstas aqueles negocios que adianten á noite de hoxe as festas organizadas previstas para Noitevella, posto que o apoio económico está previsto para compensar as perdas correspondentes pola cancelación do evento.

Ademais, no período entre as 00,00 horas do día 31 de decembro de 2021 e as 00,00 horas do 18 de xaneiro de 2022, os establecementos de lecer nocturno poderán realizar a súa actividade ordinaria, pero non poderán organizar festas, celebracións ou eventos específicos, independentes ou extraordinarios, como cotillóns, festas de fin de ano, festas de reis, ou con outras denominacións similares, nin realizar promoción, anuncios ou publicidade dos indicados eventos a través de redes sociais, mensaxes de difusión, ou cartelaría tradicional.

As axudas pactadas onte na reunión que mantiveron os representantes do ocio nocturno co vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, para os locais que decidan pechar, establecen distintos tramos en función da superficie de cada un: 2.500 euros para os locais de menos de 100 metros cadrados, 5.500 euros para os que teñan entre 100 a 250 metros cadrados, 9.000 euros para os de 250 a 500 metros, 14.000 nos que conten cunha superficie entre 500 e 700 metros, 27.000 euros naqueles que teñan de 700 a 2.000 metros e para os que superen os 2.000 metros fíxanse 45.000 euros. A orde está previsto que se publique en xaneiro co obxectivo de que se comecen a abonar as axudas ao mes seguinte, mantendo a axilidade das anteriores liñas de apoio ao sector.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.