Dezasete artistas expoñen a súa obra no Lustres Rivas coa mostra “Luarada”

25 Decembro 2021

Un total de dezasete artistas integrantes do colectivo Galeoska expoñen a súa obra no Centro Cultural Lustres Rivas a través da mostra colectiva Luarada, que ten como ribeirense á comisaria Carmen Sampedro.
A exposición foi inaugurada na noite do xoves nun acto que estivo presidido pola concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde María Sampedro, e contou tamén coa intervención de Carmen Sampedro e a presenza de boa parte dos artistas incluídos en Galeoska: un grupo nacido no 2017 que vén organizado dende os seus comezos todo tipo de iniciativas tales como xornadas formativas e informativas sobre a arte, feiras, mostras colectivas ou individuais,
sempre coa igualdade e a cooperación como premisas.
En “Luarada” mestúranse distintos estilos artísticos. Os 17 artistas multidisciplinares, pintores e escultores, posúen unha longa e exitosa traxectoria, exhibindo diferentes temáticas e estilos: dende o realismo, impresionismo, expresionismo, arte abstracto ao surrealismo xeométrico, e conxúganse técnicas diversas como óleos, acrílicos, acuarelas, collaxes, mixmedia, etc.
Os 17 artistas son: Anetadocamilo, Bugallo, Carmela Taboada, Carmen Sampedro, Chus Gómez, Isabel Soutullo, Josecho González, José Miranda, Lola Sanz, Manuel García, Marcos Soto, María José Puente, María R, Marisé Cada, Marga Santiago, Ollalla C Buceta e Sergio Ribeiro.
No transcurso do acto escenificouse a doazón ao Concello de tres das obras expostas por parte dos seus autores: Marcos Soto, Manuel García e Chus Gómez. Luarada pódese contemplar no Lustres Rivas ata o 29 de xaneiro en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.