Na Pobra detido un home acusado de roubar en tres bares. En Oleiros frustrado un atraco na farmacia

22 Decembro 2021

As dependentas da farmacia situada en Salmón en Oleiros, lograron frustrar, na tarde do martes, un intento de atraco. Segundo fontes policiais, un home entrou pedindo diñeiro e pastillas e ameazou con atacalas cun obxecto punzante. Ata o lugar acudiron Policía Nacional e Policía Local, aínda que o atracador, tras toparse co rexeitamento das traballadoras, escapouse antes de que os axentes chegasen.

Pola súa banda a Garda Civil detivo ao propietario dunha vivenda ubicada nos xardíns Valle-Inclán de A Pobra, ao que acusan de presuntamente roubar en tres locais hostaleiros.

Na vivenda segundo fontes da benemérita residen varias persoas con antecedentes por feitos similares e que ademais son consumidores de estupefacientes. Os axentes recuperaron unha máquina rexistradora e outra expendedora de tabaco que foran roubadas nun local anexo á vivenda. Tamén acharon catro chisqueiros novos, moedas e unha chaqueta amarela con bandas reflectoras que supostamente levaba posta o ladrón nas imaxes que quedaron gravadas nas cámaras de vixilancia.

O valor dos obxectos, que se atopan nas dependencias da Garda Civil da Pobra, supera os 4.000 euros. O detido será posto mañá a disposición xudicial, pero desde o corpo non se descartan máis detencións relacionadas por estes feitos delituosos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.