O documental A Pobra do Caramiñal, ronsel de coraxe estréase no Elma

13 Decembro 2021

O Teatro Cine Elma será escenario no 19 de decembro, ás 20.30 horas, da estrea do documental A Pobra do Caramiñal, ronsel de coraxe. Trátase dunha peza audiovisual que pon en valor a actividade económica, cultural, turística e patrimonial do municipio e que produce Xurdir coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e co patrocinio de diversas empresas da localidade.

No acto intervirán o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); o director da produtora Xurdir, Ignacio Seijo; e Noelia Franco, en representación da dirección de produción.

A Pobra únese así á vintena de concellos de todo Galicia que xa realizaron proxectos similares coa referida produtora.

A entrada é de balde e o prazo de confirmación de asistencia permanecerá aberto ata as 15.00 horas do 17 de decembro. Para tal fin, habilítase o teléfono de contacto 673848593 ou a través dos enderezos electrónicos coordinacion@xurdir.com ou comunicacion@xurdir.com. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.